fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 26 Marzo 2021 13:10

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

A partir de luns día 29 ás 00,00 horas o Concello de Soutomaior pasa a nivel  media- baixa polo que se modifican algunhas das restricións que ata o de agora nos afectaban.

Resumimos estas novas medidas e solicitamos moita precaución para así seguir mellorando a situación no noso Concello

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 21:00 horas.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% da súa capacidade.dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL

• Capacidade máxima 50%. e un ratio dun monitor por cada 10 participantes

• Grupos dun máximo de seis nenos / nenas no exterior e de catro no interior.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre  en grupos de ata seis  persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.

• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada:

• Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados

Máis información en: coronavirus.sergas.gal


 


Publicado en Sanidade
Visto 1191 veces