fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Abril 2021 13:51

O Concello de Soutomaior pasa ao nivel medio de restricións

O Concello de Soutomaior pasa ao nivel medio de restricións

O Concello de Soutomaior pasa ao nivel medio de restricións

Debido á incidencia dos últimos sete días, o comité clínico decidiu que O Concello de Soutomaior pase  do nivel medio-baixo ao nivel medio a partir do luns.

Medidas de prevención especificas para Concellos con incidencia acumulada a 14 días inferior a 250 casos por cada cen mil habitantes

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.

• Actos e runión laborais, institucionais, académicos ou profesioanais: 30% da capacidad autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

No interior: Limitación ao 30% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% de capacidade, independentemente da súa superficie.

• Peche ás 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre  en grupos de ata seis  persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara

• En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara​

• Instalacións deportivas cubertas: límite 30% da capacidade máxima permitida.​

• Vestiarios e zonas de ducha: límite 30% da capacidade máxima permitida.

Federada:

• Axustarase os correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

Máis información en : coronavirus. sergas. gal


Publicado en Sanidade
Visto 1601 veces