Luns, 12 Abril 2021 13:33

Cribado en adolescentes de entre 12 e 17 anos nas farmacias

Cribado en adolescentes de entre 12 e 17 anos nas farmacias

As farmacias da provincia de Pontevedra darán saída a novo programa de detección precoz de covid-19, que nesta ocasión estará dirixido a adolescentes de entre 12 e 17 anos. O cribado foi proposto pola Consellería de Sanidade e consistirá na recollida e análise das mostras de saliva desta poboación diana, co fin de detectar posibles casos asintomáticos.

Ao estar dirixido a menores de idade, as probas deberán ir acompañadas dun consentimento informado asinado polos pais ou titores. O sistema de funcionamento será similar ao cribado anterior. As persoas interesadas en ser testadas deberán recoller un kit de toma de mostras na farmacia e entregalo ao día seguinte coa primeira mostra de saliva á primeira hora da mañá. Os resultados negativos comunicaranse mediante mensaxe de texto e os positivos mediante chamada telefónica.

Na listaxe de farmacias participantes figuran as tres do Concello de Soutomaior:

Presas Blanco, Eugenia:Avda. Xosé Solla, 3 – Arcade

Piñeiro Bermúdez, Francisco Javier: Avda Xosé Solla, 61 – Arcade

Viana de la Iglesia, Begoña: Rúa Alexandre Bóveda, 9 – Soutomaior


Publicado en Sanidade
Visto 402 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Novas medidas aprobadas polo comité clínico

07-05-2021 / Sanidade

Novas medidas aprobadas polo comité clínico que rexeran nos niveis de restricións  Entrada en vigor a partires das 00:00 horas deste Domingo. (Noite de Sábado para Domingo). Pendente de resolucions xudiciais, poden sufrir modificacions. ? Nivel Medio (Soutomaior) ·          Libre mobilidade ·          Sen toque de queda. ·          Hostalería ao 30% en interior e 50% en exterior ·          Reunións de 4 en lugares pechados e 6 en exteriores   Hostaleiros...