fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 05 Mai 2021 09:38

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media

Na última reunión do comité clínico ha decidido, pola incidencia acumulada nos últimos 14 días, incluír ao Concello de Soutomaior no nivel de restrición media. As normas entrarán en vigor este próximo venres a partir das 00,00 horas

Medidas de prevención especificas para concellos con incidencia acumulada a 14 días inferior a 250 casos por cada cen mil habitantes:

Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes .

 Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacións vocais de canto.

• Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 30% da capacidade autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Competicións deportivas,: 30% da súa capacidade máxima permitida o público deberá permanecer sentado.

Establecementos de hostalaría e restauración:

No interior: Limitación ao 30% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: 21:00 horas.

• Horario do peche ao público dos restaurantes: 23:00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de Hostelaría segura.

•​Permítese a recollido no local para consumo no domicilio ata as 22:30 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

Máis información en: www.coronavirus.sergas.gal


Publicado en Sanidade
Visto 1095 veces