fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 21 Mai 2021 09:34

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

O comité clínico que asesora á Xunta ante a pandemia de Covid acordou que o Concello de Soutomaior , despois de ver a evolución dos últimos casos activos, pase a nivel media baixa, o máis livián, de restricións.

Permanencia de grupos en espazos públicos ou privados 

Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre,sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes .

No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos.

Entre a 01.00 horas e as 6.00 horas tanto en espazos públicos pechados e abertos como en espazos privados, exclusivamente persoas conviventes.

Establecementos de hostalaría e restauración

Horario do peche ao público : 1.00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.

No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

Permitir a todos os locais que dan ceas servilas nas mesmas condicións que os restaurantes, de tal forma que poderán abrir ata a unha da madrugada. Non será necesario que dispoñan da licenza de restaurante aínda que será necesario que cumpran os mesmos requisitos, isto é : medidores de CO2, rexistro de clientes con reserva e o resto de medidas de seguridade, como un máximo de catro comensais por mesa no interior dos locais.

Vida social e comunitaria

Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida.

Velorios: 10 persoas  por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.

Actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 50% da capacidade autorizada do local.

Bibliotecas e outros equipamentos culturais: 50% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

Competicións deportivas: 50% da súa capacidade máxima permitida.  O público deberá permanecer sentado.

Máis información en coronavirus.sergas.gal


Publicado en Sanidade
Visto 944 veces