fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Outubro 2022 14:00

O novo centro de saúde será tres veces máis espazoso e contará con 15 profesionais

O novo centro de saúde será tres veces máis espazoso e contará con 15 profesionais

O Conselleiro de Sanidade reuniusehoxe co alcalde de Soutomaior para asinar o convenio de colaboración do novo centro de Saúde que se construirá en fronte ao IES Soutomaior.
O conselleiro lembrou que o proxecto de Soutomaior é unha prioridade para a Consellería e que os plans para este novo espazo, que contará co triplo de metros cadrados que o actual, inclúen, entre moitas outras melloras, novas salas, novos profesionais e novos servizos.
Pola súa banda, o alcalde quixo aproveitar para agradecer ao Conselleiro o seu compromiso co concello de Soutomaior e asegurou que seguirán traballando ca máxima axilidade para que o novo centro médico sexa unha realidade o antes posible.
 

Publicado en Sanidade
Visto 458 veces