fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 19 Marzo 2015 03:53

Programa de Saude e Benestar

O Concello de Soutomaior presenta o seu Programa de Saude e Benestar O Concello de Soutomaior presenta o seu Programa de Saude e Benestar

As saídas propostas teñen unha duración de seis días en rexemen de pensión completa. O programa destinado á saúde e o benestar dos veciños do municipio, trátase dunha iniciativa a través da cal se ofrece a posibilidade de gozar dunha estanza permanente durante seis días nos balnearios ou hoteis con spa da provincia, podendo recibir unha atención especializada en tratamentos termais, de saúde, benestar, descanso e actividades de ocio.

Para participar no programa é necesario cumprir un destes tres requisitos: Nacer antes de 1965, ser pensionista da Seguridade Social ou necesitar dun respiro familiar.( acreditando esta condición mediante un informe) Este ano poderanse elixir entre nove hoteis diferentes con prezos que oscilan entre os 155 euros e os 215 euros.
O prazo para presentar a documentación nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior finaliza o día 7 de abril.


Publicado en Sanidade
Visto 5184 veces