fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 15 Xuño 2017 12:55

Bando axudas para material escolar curso 2017-2018

Bando axudas para material escolar curso 2017-2018

Esta axuda ten por finalidade a concesión de subvencións para adquisición de material escolar para o alumnado matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria dos centros docentes do Concello de Soutomaior así como para o alumnado do Concello de Soutomaior que curse bacharelato, FP ou PCPI.

Os solicitantes deberán entregar a documentación requerida nas bases nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior dende o 15 de xuño ata o 15 de xullo.

As bases poden descargarse do enlace aquí abaixo e consultarse tamén no taboleiro de anuncios dos servizos sociais.


Publicado en Sanidade
Descargar adjuntos:

bases_axuda_material_escolar.pdf (962 Descargas)
bando_axuda_material_escolar.pdf (1043 Descargas)
Visto 1864 veces