O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, trasladou hoxe novamente o seu malestar ao SERGAS por non cubrir as vacacións do pediatra do Centro de Saúde de Arcade.
O Alcalde esixe ao Servizo Galego de Sáude que se cubra a ausencia aínda que sexa de maneira parcial o maís asiña posible para evitar os desprazamentos e o custo que lle supón aos veciñ@s do municipio.
Espera do SERGAS que traten de minimizar esta incidencia e preste a atención que se merecen os veciñ@s do Concello de Soutomaior.