fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Novembro 2017 12:07

25 N - Concerto Lulavai

25 N - Concerto Lulavai

Dentro da campaña correspondente ao día internacional contra a violencia machista (25 N) no Multiusos de Arcade terá lugar un concerto a cargo do cuarteto “ Lulavai” o sábado 25 de novembro ás 20,30 horas.

A  campaña, baixo o lema "Non o Xustifiques", ten como obxectivo aumentar a conciencia sobre os distintos tipos de abuso e violencia machista, y a implicación que nos fai cómplices.

O Concello de Soutomaior pretende dar visibilidade a moitas formas de violencia que ás veces,  a sociedade ten normalizadas e non por  iso  deixan de ser formas de violencia.

Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman parte deste insólito cuarteto, onde o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces, dan vida a unha formación única, chamado Lulavai.

A entrada será libre ata completar o aforo


Publicado en Sanidade
Visto 1105 veces