fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 06 Marzo 2019 12:08

Aviso corte rúas con motivo do desfile de comparsas

Aviso corte rúas con motivo do desfile de comparsas

O domingo 10 de marzo, a partir das 16.00 h. quedarán pechadas ó tráfico as Rúas Calvario, Xosé Solla e Rosalía de Castro,e tamén se prohibirá o estacionamento nas mesmas.

O tráfico dirección Soutomaior – Vigo, se desviará na rotonda do Colexio Santiago Apóstol, polo Viso.

O tráfico dirección Soutomaior- Pontevedra, poderá acceder pola Oliveira e continuar por Roxelio Landeiro coa posibilidade de saír por Pontesampaio ou ben pola Rúa Fonte do Conde – Illas Alvedosas, xa que se modificará a dirección de circulación nesta rúa durante o desfile.

O tráfico dirección Vigo e Pontevedra– Soutomaior, poderán acceder pola Fonte da Xesteira- Cochón- Cacharela -Arcade de Arriba ou  polo Viso.

 


Publicado en Tráfico
Visto 1117 veces