fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 18 Febreiro 2021 12:42

Defensor do Pobo recoñece o labor da Policía local de Soutomaior

Defensor do Pobo recoñece o labor da Policía local de Soutomaior

O Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, acaba de remitir unha carta ao Concello de Soutomaior recoñecendo o traballo da Policía Local no marco do Proxecto Ábaco pola súa transparencia e participación no importante labor de seguridade pública e defensa dos animais, así como na prevención das torturas, o abuso policial e os tratos degradantes.

O Proxecto Ábaco é un instrumento do MNP, Mecanismo Nacional para a Prevención, que permite realizar análise sobre o conxunto das actuacións e lugares onde haxa privación de liberdade, mantendo á súa vez unha base de datos que serve de soporte tanto para as propias actuacións como para o seguimento das recomendacións realizadas.

O escrito remitido polo Defensor do Pobo inclúe no seu agradecemento ao Concello de Soutomaior pola súa participación, iniciada de oficio polo Defensor do Pobo, “neste proxecto que achega transparencia ao importante labor de seguridade pública da que se corresponsabilizan os corpos locais de Policía como a de Soutomaior.


Publicado en Tráfico
Visto 767 veces