Martes, 04 Agosto 2015 11:53

Novo coche para a Policía Local

Novo coche para a Policía Local

A Policía Local do Concello de Soutomaior acaba de estrear o seu novo coche patrulla.

Trátase dun Citröen Cactus de cor branca adquirida grazas a unha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. O novo vehículo foi recibido a pasada semana polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O novo coche conta con "os medios máis modernos e as características necesarias que esixen as situacións de emerxencia que atende a Policía Local", afirmou o rexedor local de Soutomaior,Agustín Reguera, que cualificou a medida como unha "grande axuda para mellorar o servizo dun corpo tan importante como o da Policía Local.


Publicado en Tráfico
Visto 7789 veces


Concellería de Tráfico

Defensor do Pobo recoñece o labor da Pol…

18-02-2021 Tráfico

O Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, acaba de remitir unha carta ao Concello de Soutomaior recoñecendo o traballo da Policía Local no marco do Proxecto Ábaco pola súa transparencia...

Inspección técnica periódica de vehículos agricolas

04-09-2020 / Tráfico

 O mércores día 30 de setembro terá lugar a inspección técnica periódica de VEHÍCULOS AGRICOLAS. Lugar: EXPLANADA SALGUEIRON-XUNTO TANATORIO (SOUTOMAIOR) Horario de inspección: de 11:15 a 17:00 horas. A cita previa poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902309000 Aos vehículos agrícolas que se presenten sen cita previa asignarase día e hora de atención ao público directamente na Estación...

Peonalización acceso ao peirao de Arcade as fins de semana

05-06-2020 / Tráfico

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha a peonalización da rúa Peirao de Arcade a partir desta fin de semana. A medida quere proporcionar máis espazo peonil nunha das zonas máis populares para o paseo para que poidan respectar a distancia de seguridade. A restrición de acceso aos vehículos entrará en vigor desde as 00:00 do sábado ata as 00:00...

Seguridade viaria para os escolares

07-02-2020 / Tráfico

A Policía Local de Soutomaior, en colaboración con Policía Local de Sanxenxo, está a levar a cabo unha campaña para concienciar aos máis pequenos do municipio sobre a importancia da seguridade viaria. Máis de 500 alumnos, entre Educación Infantil e Primaria, dos centros educativos do Concello recibirán durante as próximas semanas nas súas clases unha serie de charlas sobre educación...

Inspección técnica de vehículos agrícolas.

05-08-2019 / Tráfico

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehiculas agrícolas desplazarase ao Concello de Soutomaior o xoves  26 de setembro xunto o Campo de Fútbol de Salgueirón en Arcade. O horario será de 9,00 a 13,30 horas. Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv-Cita previa. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de...

Aviso corte rúas con motivo do desfile de comparsas

06-03-2019 / Tráfico

O domingo 10 de marzo, a partir das 16.00 h. quedarán pechadas ó tráfico as Rúas Calvario, Xosé Solla e Rosalía de Castro,e tamén se prohibirá o estacionamento nas mesmas. O tráfico dirección Soutomaior – Vigo, se desviará na rotonda do Colexio Santiago Apóstol, polo Viso. O tráfico dirección Soutomaior- Pontevedra, poderá acceder pola Oliveira e continuar por Roxelio Landeiro coa posibilidade...