Padrón de Habitantes

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños do Concello. Toda persoa que resida habitualmente en Soutomaior ten a obriga de inscribirse no Padrón. No caso de que proceda doutro municipio, o solicitante deberá indicar o concello ou país de procedencia.

 

Qué podemos solicitar:

 

Altas

  • Inmigración: persoas xa empadroadas noutro Municipio ou Consulado de España no estranxeiro.
  • Omisión: persoas non empadroadas anteriormente en ningún Municipio ou Consulado de España no estranxeiro.
  • Altas por nacemento.
  • De oficio: mediante notificación do Instituto Nacional de Estatística sempre que algún dos pais estea empadroado no Municipio.
  • A instancia do interesado: o pai ou a nai empadroados no Municipio realizarán a inscrición do recen nado aportando unha fotocopia da folla do libro de familia onde apareza o/a neno/a e da folla onde apareza o nome dos pais.

 

Cambios de Domicilio

  • Todas as persoas que cambien o seu domicilio dentro do Municipio deberán comunicalo ó Negociado de Estatística do Concello de Soutomaior.

 

Modificación de Datos

  • Cando na base de datos do Padrón de Habitantes figure un dato incorrecto (nome e apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento, nº documento de identidade, nivel de estudos, nacionalidade) deberá realizar unha petición de modificación no Negociado de Estatística do Concello de Soutomaior.

 

Baixas Emigración

  • CANDO UNHA PERSOA TRASLADA O SEU DOMICILIO A OUTRO MUNICIPIO EN ESPAÑA OU Ó EXTRANXEIRO (REALIZANDO A INSCRICIÓN NO CONSULADO ESPAÑOL QUE LLE CORRESPONDA) NON DEBE SOLICITAR A BAIXA NO SEU CONCELLO DE ORIXE. O TRÁMITE DAS BAIXAS POR EMIGRACIÓN REALÍZASE ENTRE CONCELLOS OU ENTRE CONCELLOS E O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA. SI UNHA PERSOA NON É ESPAÑOLA E TRASLADA A SÚA RESIDENCIA DE FORMA DEFINITIVA A OUTRO PAÍS, ESA PERSOA DEBE FACER UNHA DECLARACIÓN E ENTREGALA NO NEGOCIADO DE ESTATÍSTICA PARA QUE CAUSE BAIXA NO PADRÓN DE HABITANTES.

Padrón de Habitantes