fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 04 Novembro 2019 13:39

O teu Xacobeo "Ti es parte"

O teu Xacobeo "Ti es parte"

Desde a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC Ourense) están traballando nun programa de actividades que baixo o nome de “Camiño de superación” quere desenvolver unha serie de accións no marco do Camiño de Santiago que contribúan á paulatina recuperación psicosocial e de saúde de persoas que están no proceso de superar o cancro, á vez que transmitimos á sociedade unha visión esperanzadora na que grazas aos progresos na ciencia, á prevención e aos coidados, cada vez hai un maior número de persoas que curan a enfermidade.

 Este programa está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Convocatoria “O teu Xacobeo”. A primeira acción “Unha ruta ao alcance de todas e todos”, será realizar o Camiño de Santiago, variante Camiño Portugués, entre A Guarda e Santiago de Compostelaedesenvolverase os días 5, 6 e 7 de novembro de 2019.

 Esta variante inclúe atravesar o Concello de Soutomaior incluíndo visitas de interese cultural, artístico e natural.

O martes día 5 de novembro estarán en Arcade donde pernoctarán.

Para este día teñen previsto facer una actividade para dar a benvida ás persoas que fan o Camiño e tamén para achegar ao resto da poboación unha mensaxe de superación e de concienciación do cancro.

Esta actividade vai ser aberta ao público xeral, para que a vecindade da zona poida acudir e participar connosco.

A actividade consistiría na actuación cantautor Emilio Rúa e nunha mesa redonda de experiencias de 3-4 participantes no Camiño. A duración da actividade estímase en 60 minutos estando previsto para facela ás 19:30 horas dese día no Multiusos de Arcade


Publicado en Turismo
Visto 921 veces