fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 17 Decembro 2019 13:09

Nadal Soutomaior 2019

Nadal Soutomaior 2019

Alameda Talo Río

21 de Decembro . De 11,30 a 13,30 h.

Ao longo da mañá Papá Noel percorrerá as rúas de Arcade e Soutomaior repartindo caramelos nos diferentes establecementos para maís tarde situarse na súa carpa de Talo Río na que recibirá os maís pequenos co fin de escoitar os seus desexos. Estara acompañado dun trasgo axudante un pouco liante

22 de Decembro.

Os trasgos de Nadal - Animación

No escenario, tres trasgo do Nadal traballan arreo nun encargo que lles fixo Papá Noel, nion mais nin menos que empaquetar moitísimos agasallos.

Espectáculo interactivo onde o público participa activamente. Unha  posta en escea dos valores que cobran relevancia no Nadal, unha risa desbordante.

Duración 45 min. aprox. Horario: 17,00 a 18,45 h.

Carpa de Papá Noel.

Papá Noel recibirá aos nenos e nenas nunha carpa especialmente preparada para el na que poderán contarlle os seus desexos para unha noite tan especial.

Horario: 17,00 a 20,00 h.

23 de Decembro.

Obradoiros de Nadal.

Globos de Nadal: A creatividade é libre e encheremos o pobo de globos de Nadal feitos polos maís pequenos.

Chefs do Nadal: Os nenos e nenas converteranse das mans dos chefs nos mellores cociñeiros de Nadal con con receitas nas que nos mostrarán todo a súa creatividade.

24 de Decembro. De 11,30 a 13,30 h.

Ao longo da mañá Papá Noel percorrerá as rúas de Arcade e Soutomaior repartindo caramelos nos diferentes establecementos para maís tarde situarse na súa carpa de Talo Río na que recibirá os maís pequenos co fin de escoitar os seus desexos.


 


Publicado en Turismo
Visto 1454 veces