fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 15 Xuño 2020 12:19

Regreso da feira de Arcade

Regreso da feira de Arcade

A tradicional Feira de Arcade regresará á alameda Talo Río o próximo día 26 tras a finalización do estado de alarma sanitaria. A continuación do mercadillo será total e volverá contar cos case 50 comerciantes que dispoñen de licenza xa que, pola propia extensión dos postos e a gran amplitude da alameda, será posible cumprir as recomendacións sanitarias para o distanciamento social.

A única novidade que trae a recuperación da feira de Arcade será a obrigatoriedade dos comerciantes de atender con máscaras para garantir a súa propia protección e a dos clientes. Ademais, o Concello instalará sinalizacións e creación de carrís unidireccionales para garantir o distanciamento entre os visitantes durante as súas compras.

 Segue sendo importante seguir as recomendacións sanitarias e usar máscaras cando non se poida cumprir o distanciamento social.


Publicado en Turismo
Visto 1015 veces