Mércores, 14 Marzo 2018 14:11

Presentación do XVIII Certame da Camelia

Presentación do XVIII Certame da Camelia

 O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo , Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Pavillón Municipal da Montesiña a XVIII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana.

A mostra, que tradicionalmente levaba a cabo no Castelo de Soutomaior, trasládase este ano ao citado recinto deportivo debido aos traballos de recuperación do patrimonio que impiden a súa celebración nos xardíns da fortaleza medieval.

Máis de 50 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates comerciais de todo o Concello de Soutomaior.

Máis de cen metros cadrados de composicións florais, coas variedades máis buscadas, encherán o Pavillón Municipal de arte e cor.

Este ano a mostra contará con máis de 30 expositores locais e 20 doutros municipios como Salceda ou Vilagarcía de Arousa, superando así as 50 composicións florais e confirmando o éxito de participación desta edición.

O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinería e a floricultura ao que tradicionalmente asisten centos de persoas.

A mostra poderase visitar durante todo o fin de semana. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as 11,00 a 13,30 h. e de 16,00 a 19,00 horas..

O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo.

 Esta edición conta con varias clases de premios con trofeos para as tres mellores propostas de:  Mellor Flor,  Mellor Composición Artística e Mellor Traballo Escolar.

Ademais haberá premios para os dous mellores concursantes nas disciplinas de Mellor Flor en Escaparate e Mellor Composición Artística en Escaparate e o Premio Especial Lelita Gradín, en honra á creadora orixinal do certame.

Os triunfadores en cada categoría recibirán un exclusivo exemplar desta apreciada especie floral. No caso dos traballos escolares, os premios incluirán un lote de libros para nenos.


Publicado en Certame da Camelia
Visto 713 veces


Concellería de Turismo

O teu Xacobeo "Ti es parte"

04-11-2019 Turismo

Desde a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC Ourense) están traballando nun programa de actividades que baixo o nome de “Camiño de superación” quere desenvolver unha serie de...

Soutomaior presenta o seu XIX Certame Exposición da Camelia

15-03-2019 / Certame da Camelia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura, Dores Cernadas, presentaron esta mañá a XIX edición do Certame da Camelia, que se celebrará os días 23 e 24 deste mes. O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta apreciada flor, converterase de novo no escenario perfecto para un festival referencia na comarca. Máis de...

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

18-10-2018 / Turismo

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

Presentación do XVIII Certame da Camelia

14-03-2018 / Certame da Camelia

 O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo , Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Pavillón Municipal da Montesiña a XVIII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana. A mostra, que tradicionalmente levaba a cabo no Castelo de Soutomaior, trasládase este ano ao citado recinto deportivo debido aos traballos de recuperación...

Listado de premiados XVII Certame da Camelia

22-02-2017 / Certame da Camelia

Listado de premiados no XVII Certame da Camelia- Soutomaior 2017   MELLOR FLOR 1º- Sonia Míguez 2º-Fermina Martínez Collazo 3º-Mª Victoria Martínez González MELLOR TRABALLO ARTÍSTICO 1º-Nerea Agrafojo 2º-Ana Mª Cal Barral 3º-Lola y José Álvarez Arza MELLOR TRABALLO ESCOLAR 1º-Colexio de educación infantil de Romaríz: PREMIOS ESCAPARATES DE COMERCIOS EN ARCADE MELLOR FLOR 1º- Peluquería Irene 2º- Rapaces 3º- Embutidos Peña de Francia MELLOR TRABALLO ARTÍSTICO 1º-Farmacia Eugenia 2º-Calzados Passobello 3º-Loterías Pacotrinta PREMIO ESPECIAL LELITA GRADÍN Asoc. De Veciños de Romaríz    

XVII Certame da Camelia

15-02-2017 / Certame da Camelia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo, Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Castelo de Soutomaior a XVII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana. O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta olorosa e apreciada flor, converterase un ano máis no escenario perfecto para un...