Xoves, 17 Xuño 2021 13:47

Recuperación do patrimonio “Lavadoiro da Oliveira “

Recuperación do patrimonio “Lavadoiro da Oliveira “

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de recuperación do patrimonio que estaba a levar a cabo no lavadoiro de Oliveira, en Arcade. A actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio, ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

Estes puntos servían tradicionalmente como lugar de encontro entre os veciños, nos que ademais de lavar a roupa compartíanse experiencias e fortalecíase a comunidade. Para manter viva a esencia destes lugares, o lavadoiro recuperouse utilizando materiais nobres e autóctonos, como o granito, garantindo así a súa integración total na contorna.

Ademais de dar unha nova cara a todo o conxunto mediante unha limpeza e rexuntado de toda a cachotería perimetral, procedeuse á selaxe do interior do lavadoiro e reformouse por completo o chan coa instalación dun novo pavimento de pedra granítica. Por último, instalouse unha varanda de seguridade no exterior do recinto e unha reixa metálica para garantir a correcta evacuación da auga en momentos de moita acumulación ou intensas choivas.

Durante estes últimos anos recuperáronse decenas de fontes e lavadoiros en todo o municipio. Son unha parte moi importante da nosa historia que debemos protexer e conservar. Os traballos contaron co financiamento, a través do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra.


Publicado en Vias e Obras
Visto 505 veces


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Restricions na via da subida ao Colexio Padin Truiteiro

05-07-2021 / Vias e Obras

Con motivo da necesidade de realizar actuacions na via, concretamente, na zona do cruce da subida ao Colexio Padin Truiteiro en confluencia coa carretera de Soutomaior. Están previstas restricions a circulacion durante varios días. Recomendase a utilización de vías alternativas.