fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 05 Xullo 2021 09:29

Novo vial de acceso ao Peirao de Arcade

Novo vial de acceso ao Peirao de Arcade

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de acondicionamento e humanización do novo vial de acceso e servizo ao Peirao de Arcade. A mellora eliminou un antigo almacén privado xunto ás vías do tren e permitiu urbanizar a contorna do edificio multiusos de Arcade con novas beirarrúas de tres metros de ancho e unha zona de aparcamento con 30 novas prazas.

Tras a actuación, esta nova sección de estrada conta cunha calzada de máis de 80 metros de longo e serve para dar continuidade á viaria que discorre paralelo ás vías do tren ata a rúa carburos. O novo vial ten un único sentido de circulación, aumentando o 300% na dimensión das beirarrúas. Ademais, creáronse dúas prazas de aparcamento reservado para persoas con diversidade funcional enfronte ao Multiusos.

En total instaláronse case 4.000 metros cadrados de novo pavimento con todos os servizos municipais habituais como o sistema de iluminación de baixo consumo, as marcas viarias e a rede de recollida de augas pluviais, que se ampliará coa instalación dun novo ramal de 110 metros de longo con 3 pozos e 6 sumidoiros para a captación. Por último, instalouse o mobiliario urbano entre o que destaca a decena de árbores plantadas, os redutores de velocidade e o novo aparcamento para bicicletas.

Agora a contorna do multiusos, un dos grandes centros da actividade municipal, é máis acolledor e máis accesible para todos os veciños O Concello de Soutomaior realizou esta obra a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.


Publicado en Vias e Obras
Visto 795 veces