Mércores, 23 Marzo 2022 11:33

Talo Río terá un novo parque infantil moderno e atractivo

Talo Río terá un novo parque infantil moderno e atractivo

Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río.
Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do  Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por completo o parque infantil de Talo Río.
Trátase dunha iniciativa ambiciosa que fará as delicias dos máis pequenos e que perdurará para as próximas xeracións grazas á calidade dos materiais utilizados e a modernidade das instalacións.
O parque está pensado para nenos e nenas dos 6 aos 12 anos e contará con todo tipo de  divertimentos adaptados ás diferentes fases vitais dos cativos. Ademais, para os pais, avós, tíos e demais acompañantes instalaranse dúas zonas de descanso con espazo suficiente para que todos poidan estar atentos aos xogos e piruetas dos protagonistas.
Así, para os máis novos, o parque contará cun  areeiro; unha zona con relevos, para que os nenos poidan rodar e trepar; unha zona de xogos de equilibrio e ata unha cama elástica para que gasten toda a súa enerxía entre salto e salto.
Pola súa banda, a zona de xogos para os máis maiores estará formada por unha instalación múltiple de gran altura que integra tobogáns, elementos de escalada e de deslizamento.
Cada zona foi pensada tendo en conta as necesidades dos nenos de diferentes idades. Desde a promoción da creatividade nos máis pequenos, ata o desenvolvemento das habilidades físicas e a procura de novas aventuras dos máis maiores. Ademais, o novo parque está exposto de forma a favorecer os xogos en grupo, a convivencia e a socialización dos nenos e nenas. Desde o  Concello asumiron esta socialización como algo fundamental desde o inicio do proxecto, co obxectivo de paliar os efectos da desconexión social que todos vivimos desde que irrompesen nas nosas vidas as redes sociais.
A obra fará necesario recolocar e restaurar algúns bancos e papeleiras da zona, de modo a adaptalas á nova estrutura do parque infantil. Ademais, apostarase por crear un espazo máis natural, coa instalación de nova vexetación na zona.
Cabe destacar que, a fin de protexer aos cativos e separalos da estrada, e para cumprir coa normativa vixente, o parque estará dotado dunha varanda que delimite a zona de xogos.


Publicado en Vias e Obras
Visto 600 veces

Vías e Obras

Fondos europeos para continuar ca reforma do Colexio da Oliveira

Fondos europeos para continuar ca reforma do Colexio da Oliveira

14-04-2023 / Vias e Obras

O antigo Colexio da Oliveira converterase nun espazo agradable, moderno e totalmente reformado. Ata o momento as obras realizadas xa renovaron unha importante parte da estrutura, que está sendo utilizada pola Escola de Música Artística de Arcade. Soutomaior quedou entre os primeiros 100 concellos, dos máis de 400 que solicitaron a axuda e conseguiu así esta importante inversión que permitirá aforrar...

Rúas repintadas en varios sitios do concello

Rúas repintadas en varios sitios do concello

15-02-2023 / Vias e Obras

Teredes notado que nas últimas semanas varias rúas locen renovadas. En total, preto de 9.5 quilómetros de estrada foron repintados, incluíndo varios estacionamentos. Os traballos afectaron a varias estradas nas...

As rúas do Concello renóvanse grazas aos fondos para o Camiño de Santiago

As rúas do Concello renóvanse grazas aos fondos para o Camiño de Santiago

14-09-2022 / Vias e Obras

Xa comezaron as obras no primeiro tramo da reforma do Camiño de Santiago. As melloras, que se van estender por boa parte da Ruta Xacobea do noso Concello, arrincaron na...

O Concello comprometido ca música e a cultura

14-06-2022 / Vias e Obras

Xa está como nova a Casa da Banda de Música Artística de Arcade. Unhas necesarias obras de mantemento e illamento sonoro que permitirán seguir desenvolvendo e favorecendo a cultura no Concello. Máis...

Talo Río terá un novo parque infantil moderno e atractivo

23-03-2022 / Vias e Obras

Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río. Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do  Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por...

Mellora no camiño de Alxán de Arriba

25-10-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no camiño de Alxán de Arriba. A actuación está incluída na primeira fase do Plan Municipal de mellora en camiños...

Inicio curso escolar – Mellora nos centros educativos

09-09-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior executou ao longo do verán unha serie de traballos de mellora en diferentes centros educativos do municipio co obxectivo de que estes presenten as mellores condicións...

Humanización do Campo da Feira.

26-07-2021 / Vias e Obras

 O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento...