Xa está como nova a Casa da Banda de Música Artística de Arcade.
Unhas necesarias obras de mantemento e illamento sonoro que permitirán seguir desenvolvendo e favorecendo a cultura no Concello.
Máis aló do visible cambio estético do exterior, o edificio foi renovado e acondicionado para que a música siga sendo un dos piares identitarios de Soutomaior.