Martes, 07 Xuño 2016 09:47

Limpeza de praias

Limpeza de praias

O Concello de Soutomaior finaliza os traballos de preparación para o verán nas praias de o Peirao, Matilde, A Xunqueira e Veiguiña Longa  As praias do Concello de Soutomaior xa están preparadas para o verán. Durante as últimas semanas estívose traballando nos catro principais areais do municipio para a chegada de período estival.

Os traballos centráronse na reposición de area de río en varias praias e un intensivo programa de limpeza en todos os areais do municipio. A campaña de acondicionamento finaliza esta semana ao concluír os traballos de mantemento na pasarela de madeira de O Peirao.

Tras un duro inverno que azoutou Galicia durante meses, as praias do Concello de Soutomaior xa están preparadas para o período vacacional. Cunha campaña de limpeza a man, operarios do Concello de Soutomaior retiraron esta semana os restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno. Principalmente artes de pesca abandonados, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e anacos de madeira.

Os traballos non foron fáciles xa que moitos destes depósitos xa se atopaban semienterrados pola acción das mareas. Na canle do río Verdugo, onde se asintan as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu á recollida do material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes choivas dos últimos meses e que impedía gozar do entorno.

Ademais, para garantir o goce das praias durante o verán, enchéronse os areais cun total de 1200 toneladas de area fina de río. Unha medida que pretende compensar as grandes cantidades de area que as choivas e ventos deste inverno arrincaron das praias.


Publicado en Vias e Obras
Visto 1790 veces

Vías e Obras

Fondos europeos para continuar ca reforma do Colexio da Oliveira

Fondos europeos para continuar ca reforma do Colexio da Oliveira

14-04-2023 / Vias e Obras

O antigo Colexio da Oliveira converterase nun espazo agradable, moderno e totalmente reformado. Ata o momento as obras realizadas xa renovaron unha importante parte da estrutura, que está sendo utilizada pola Escola de Música Artística de Arcade. Soutomaior quedou entre os primeiros 100 concellos, dos máis de 400 que solicitaron a axuda e conseguiu así esta importante inversión que permitirá aforrar...

Rúas repintadas en varios sitios do concello

Rúas repintadas en varios sitios do concello

15-02-2023 / Vias e Obras

Teredes notado que nas últimas semanas varias rúas locen renovadas. En total, preto de 9.5 quilómetros de estrada foron repintados, incluíndo varios estacionamentos. Os traballos afectaron a varias estradas nas...

As rúas do Concello renóvanse grazas aos fondos para o Camiño de Santiago

As rúas do Concello renóvanse grazas aos fondos para o Camiño de Santiago

14-09-2022 / Vias e Obras

Xa comezaron as obras no primeiro tramo da reforma do Camiño de Santiago. As melloras, que se van estender por boa parte da Ruta Xacobea do noso Concello, arrincaron na...

O Concello comprometido ca música e a cultura

14-06-2022 / Vias e Obras

Xa está como nova a Casa da Banda de Música Artística de Arcade. Unhas necesarias obras de mantemento e illamento sonoro que permitirán seguir desenvolvendo e favorecendo a cultura no Concello. Máis...

Talo Río terá un novo parque infantil moderno e atractivo

23-03-2022 / Vias e Obras

Xa está preparada a reforma do parque de Talo Río. Continuando coa aposta polo desenvolvemento activo e saudable dos mozos do  Concello, púxose en marcha o proxecto que pretende renovar por...

Mellora no camiño de Alxán de Arriba

25-10-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no camiño de Alxán de Arriba. A actuación está incluída na primeira fase do Plan Municipal de mellora en camiños...

Inicio curso escolar – Mellora nos centros educativos

09-09-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior executou ao longo do verán unha serie de traballos de mellora en diferentes centros educativos do municipio co obxectivo de que estes presenten as mellores condicións...

Humanización do Campo da Feira.

26-07-2021 / Vias e Obras

 O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento...