fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 01 Agosto 2016 11:15

Traballos de asfaltado en Alxán e Comboa

Traballos de asfaltado en Alxán e Comboa

O Concello de Soutomaior finalizou as obras de acondicionamento en diversos vailes do municipio.

A mellora comprende a reparación e asfaltado en dúas actuacións principais nos barrios de Alxán e Comboa ademais de diversas actuacións en materia de seguridade viaria en distintos puntos do Concello

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou o resultado destes traballos que definiu como de gran utilidade para o Concello. Son viales moi transitados que conectan zonas nas que vive moita xente e supoñen unha prioridade en canto a seguridade viaria.

Por último, en tres das rúas que forman parte do Camiño Portugués de Santiago, Veleiro, Barroncas e Lameiriñas, modernizáronse as medidas para o control de velocidade de vehículos retirando os lombos anteriores para instalar uns de goma, máis respectuosos cos vehículos e con menor impacto acústico para os veciños.


Publicado en Vias e Obras
Visto 1613 veces