fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Setembro 2016 10:11

Finalizado asfaltado en Candán

Finalizado asfaltado en Candán

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Candán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 2000 metros cadrados divididos en dostramos do viario que comunica o campo de fútbol municipal co barrio da Pedreira.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.

Esta estrada é utilizada frecuentemente, ademais de por os veciños deste barrio, polos deportistas de toda a comarca que acoden ao campo de fútbol municipal e serve de vía de servizo para unha explotación vitivinícola.

Os traballos de mellora divídense en dous tramos. O primeiro deles, de 230 metros de lonxitude por 3,5 de ancho, foi completamente acondicionado e asfaltado cunha mestura bituminosa de 6 centímetros de espesor mentres que o segundo, de 320 metros de lonxitude, xa contaba cunha capa de rodaxe que foi acondicionada e renovada cun novo asfaltado das mesmas condicións. Os traballos finalizaron coa instalación de 6 novas tapas de rexistro, a nivel co novo firme, e as correspondentes marcas viarias.

A obra conta cun orzamento de execución material de 35.242 €


Publicado en Vias e Obras
Visto 1667 veces