fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 10 Outubro 2016 13:34

Peche do parque infantil do Peirao

Peche do parque infantil do Peirao

O parque infantil do Peirao de Arcade estará pechado ao público por obras por un período de 20 días aproximadamente.

Os traballos consistirán na demolición e escavación do parque actual para a nivelación do terreo.

A continuación construirase unha soleira de formigón armado de 500 metros cadrados para a colocación dos xogos infantís. Sobre esta soleira instalarase un pavimento de caucho continuo, dun grosor medio de catro centímetros sobre o que se montarán todos os elementos do parque, incluída a nova tirolina.

Esta actuación está enmarcada no Plan Hurbe que ten como obxectivos fomentar a humanización das pequenas localidades e favorecer a cooperación entre a administración autonómica e os concellos.


Publicado en Vias e Obras
Visto 4333 veces