fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 18 Setembro 2017 12:58

Novo Parque Infantil en Sameán

Novo Parque Infantil en Sameán

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar a instalación dun novo parque infantil no barrio de Sameán.

A nova zona lúdica inclúe catro elementos novos de xogo como unha randeeira dobre con retención especial para bebés, dous balancines e un tobogán.Todos os xogos estánhomologados e adaptados ás necesidades dos pequenos. Para aumentar a seguridade dos nenos instalouse un chan de caucho non abrasivo pensado para o seu uso ao aire libre, xa que se trata dun material poroso, resistente aos cambios bruscos de temperatura e de gran durabilidad, polo que non carrexa gastos de mantemento ademais de garantir a máxima seguridade dos pequenos.

A renovación da área infantil de Sameán está incluída no plan municipal para a mellora e conservación de zonas de recreo no que tamén está incluído o parque de Romariz, situado á beira da escola infantil, e que tamén entrará en servizo as próximas semanas.A área recreativa do barrio de Romariz serviu de patio de recreo durante décadas para os veciños da zona, polo que se pretende que a instalación do renovado parque infantil cubra as necesidades tanto dos novos como dos seus tradicionais usuarios.


Publicado en Vias e Obras
Visto 1511 veces