fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 19 Abril 2018 10:59

Obras de humanización no Peirao (Arcade)

Obras de humanización no Peirao (Arcade)

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar as obras de humanización na contorna do Peirao de Arcade. Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 219.000 euros, consisten nunha ampliación da zona peonil da rúa Peirao, a ampliación do aparcadoiro público e a renovación da calzada de acceso.

Na práctica, os traballos de humanización da rúa Peirao implican unha renovación case total da zona e os servizos públicos instalados nela. A principal mellora é a ampliación das beirarrúas actuais, que pasarán a ser de granito e ter unha media de 4 metros de ancho.

Aproveitando a actuación, renovarase tamén o espazo dedicado ás árbores existentes mellorando a súa integración no conxunto da rúa, o que garantirá o seu bo estado nos próximos anos.

En canto á calzada, renovarase todo o viario que dá acceso ata un ancho de 6 metros, tres para cada carril, e renovarase a capa de rodaxe con nova mestura bituminosa para reducir o son do tráfico rodado que chega ás vivendas próximas. Tamén se instalarán reductoresde velocidade nos pasos de peóns elevados que conectarán ambas as beirarrúas para aumentar a seguridade viaria dos peóns.

Ademais, renovarase todo o mobiliario público da rúa colocando dez novos bancos, que contarán cunha iluminación LED ambiental, e sete novos farois, tamén de tecnoloxía LED, que, ademais de reducir o consumo eléctrico, aumentarán a seguridade viaria da rúa ao mellorala calidade da iluminación. Outra das melloras que ofrece esta iluminación é que proporciona máis comodidade dos veciños que viven á beira dos novos farois, xa que concentra en maior medida o feixe de luz e reduce a contaminación lumínica que chega ás vivendas próximas.

Do mesmo xeito, aproveitarase a ocasión para renovar e mellorar todas as redes de servizos públicos situados na rúa Peirao como a rede de fluviais, a de augas fecais, a de abastecemento e a de saneamento, que poderán aumentar a súa capacidade para mellorar e garantir o servizo durante os próximos anos.

En canto a superficie sobre a que se actuará, en total instalaranse case 800 metros cadrados de novas beirarrúas, ao redor de 1000 metros cadrados de nova capa de rodaxe e máis de 200 metros cadrados para a ampliación do parking público do Peirao, que acollerá 22 novas prazas de aparcadoiro que servirán para repoñer as 10 existentes que se perderán coa ampliación das beirarrúas


Publicado en Vias e Obras
Visto 1353 veces