fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 01 Outubro 2015 21:46

Estreamos reformas no local municipal do Baixo da Praza de Abastos

Estreamos reformas no local municipal do Baixo da Praza de Abastos

O Concello de Soutomaior iniciará a semana do 5 de outubro as actividades de bailes latinos, danza do ventre e bailes variados organizados pola Concellería de Xuventude. Estas actividades iniciarán o curso estreando as remodelacións realizadas no local no que se viñan desenvolvendo estas actividades no baixo municipal da Praza de Abastos.

O Concello ven de acometer reformas nesta dependencia municipal coa finalidade de mellorar o acondicionamento para que as actividades se poida executar contando cos medios necesarios para tal fin e se adapten ás necesidades que estas actividades requiren como por exemplo: a colocación de espellos nas paredes ou de chan antideslizante para que o alumnado poida bailar sen correr riscos.

As actividades seguen co prazo aberto de inscrición polo que animamos a todas as persoas que desexen probar estas actividades a achegarse ata o Multiusos e informarse ou inscribirse na OMIX.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Mocidade
Visto 3227 veces