O Concello de Soutomaior organiza a través da Concellería de Xuventude un curso de operador-a de ponte grúa. Este curso ten unha duración de 8 h (3 teóricas + 5 prácticas en empresa).
Os obxectivos do curso son: aprender o manexo desta ferramenta de traballo preservando a integridade física das persoas, equipos e instalación, potenciar a cultura de seguridade. Difundir un referencial de conducción e manipulación para detectar os riscos.
Traballaremos durante as sesións contidos como: prevención de riscos laborais. Compoñentes da ponte grúa. Características dos ponte grúa . Deseño e construción. Normas de uso da ponte grúa. Normas de uso dos aparellos de izar. Revisións diarias. Condicións psico - físicas da persoa que manexa a grúa. Mantemento e reformas. Equipos de protección individual. Sinalización especifica. Riscos derivados do uso da ponte grúa. Sinalización xenérica
O curso desenvolverase durante o sábado 17 de outubro de 10 a 13 h e de 16 a 21 h
As persoas interesadas poden informarse na OMIX, no Multiusos en Arcade 986700822