Xoves, 19 Xullo 2018 11:18

Festiflow

Festiflow

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer dirixida á mocidade que combina: música, arte e danza contemporánea. O Festiflow recolle a iniciativa dun grupo de DJ de Soutomaior que se poñen en contacto coa Concellería de Xuventude para organizar unha pinchada e así ampliar as actividades ofertadas dirixidas ao público xuvenil. A partir destas conversas iniciais nace este festival como unha proposta de lecer alternativa mesturando actividades diferentes pero cun denominador común a creatividade e a diversión.

O cartel musical está formado por DJ locais como son:

KUNAY WAVE: formación musical de dous rapaces. Podedes escoitar o que fan na canle de youtube: //www.youtube.com/channel/UC331BIFwZp2jh1cSIfSvlwg

DJ AR3S, podedes escoitalo https://www.youtube.com/channel/UC3_Nf-bRwnmF--gqmAkm9bw / https://soundcloud.com/ar3smusic

DJ JORWELL o que tamén o atoparedes en DJ JORWELL - YouTube - YouTube

Na pinchada participarán FRNANDEZ, Deejay e productor galego, cunha traxectoria profesional coa que sempre deleita ó seu público con sons Deep, House e Techno, sen obviar outros sons dentro da electrónica. Os seus sets percorreron toda a xeografía galega tamñen pasando por cidades como Madrid o Oaxaca (Mexico). Sala Karma, Zoo Club, Carabas, Sala Mystik, Piramide, Beat House Club, Le Club o Etnias, son soamente algunhas das salas e clubes no que ten pinchado. Ademais, da pinchada tamén será o encargado de levar a cabo a Master Class que se realizará de 20,30 a 21,30 h dentro do programa de actividades.

Ademais, de música o cartel tamén conta con outras actividades como por exemplo:

A creación dun mural artístico no que se poderán participar libremente e que estará guiado pola artista e ilustradora Abi Castelo cunha ampla traxectoria creativa participando en diferentes proxectos.

Outra das propostas será a actividade de Danza contemporánea con Tania Velo titulada en Danza Contemporánea polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, traballou como bailarina na ópera Macbeth do Teatro Real de Madrid ou na película “Os dous lados da cama” e en Spain Mura en Xapón. Nesta ocasión Tania Velo impartirá unha clase de danza contemporánea na que traballará a través de partes coreografiadas, axudándo ás persoas a atopar o seu propio movemento natural.

A participación nas actividades é de balde e sen previa inscrición. As prazas nos obradoiros será limitada e cubriranse por orde de chegada. Consultade horarios das actividades no cartel.


 


Publicado en Xuventude
Visto 2472 veces


Concellería de Xuventude

XIII Edición do Concurso Verbas para com…

30-03-2021 Verbas para... comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este Concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. O...

Inicio as accións "Sinerxias educativas" nos centros escolares.

22-03-2021 / Xuventude

Este luns comezamos coas actividades formativas englobadas no programa de accións "Sinerxias Educativas" promovidas pola Concellería de Educación e a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior.   As accións impulsadas en colaboración estreita cos centros educativos do municipio e pretenden achegar á mocidade recursos en relación a diferentes áreas e contidos co fin de proporcionar ferramentas que apoien, por unha...

Novos cursos de formación! Prazo aberto

12-03-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos de formación en varias áreas profesionais co fin de adaptar a formación deste trimestre ás diferentes necesidades das persoas e tamén ás demandas do mercado co fin de mellorar a empregabilidade da poboación xuvenil e de todas aquelas persoas que estén na procura de emprego activa ou queiran continuar formándose para ampliar o...

ConfiEntroido: un entroido de andar pola casa!

04-02-2021 / Xuventude

Desde o Concello de Soutomaior comunicamos que este ano non poderemos festexar a festa de entroido como desexaríamos porque as circunstancias non o permiten xa que a COVID-19 impide que poidamos compartir esta festa tan interactiva e de festexos na rúa. Para que poidamos manter o ánimo e a ilusión aínda que sexa por un intre convidámosvos a que vos...

Inicio de novas actividades!

14-01-2021 / Xuventude

As Concellerías de Xuventude e de Educación do Concello de Soutomaior avanzan as primeiras actividades do ano. Actividades que se adaptan ás novas circunstancias que vivimos en cumprimento das novas restriccións e que se realizarán na modalidade virtual!. Dun xeito seguro e seguindo unha metodoloxía moi interactiva e participativa. A conexión á aula será moi sinxela e poderase participar desde...

Novidades carné xove!

11-01-2021 / Xuventude

O Carné Xove será enviado de balde ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos. Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa...