fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 19 Xullo 2018 11:18

Festiflow

Festiflow

O venres 3 de agosto a parir das 19.30 h no Peirao de Arcade terá lugar o F3STIFLOW. O Concello de Soutomaior pon en marcha esta nova proposta de lecer dirixida á mocidade que combina: música, arte e danza contemporánea. O Festiflow recolle a iniciativa dun grupo de DJ de Soutomaior que se poñen en contacto coa Concellería de Xuventude para organizar unha pinchada e así ampliar as actividades ofertadas dirixidas ao público xuvenil. A partir destas conversas iniciais nace este festival como unha proposta de lecer alternativa mesturando actividades diferentes pero cun denominador común a creatividade e a diversión.

O cartel musical está formado por DJ locais como son:

KUNAY WAVE: formación musical de dous rapaces. Podedes escoitar o que fan na canle de youtube: //www.youtube.com/channel/UC331BIFwZp2jh1cSIfSvlwg

DJ AR3S, podedes escoitalo https://www.youtube.com/channel/UC3_Nf-bRwnmF--gqmAkm9bw / https://soundcloud.com/ar3smusic

DJ JORWELL o que tamén o atoparedes en DJ JORWELL - YouTube - YouTube

Na pinchada participarán FRNANDEZ, Deejay e productor galego, cunha traxectoria profesional coa que sempre deleita ó seu público con sons Deep, House e Techno, sen obviar outros sons dentro da electrónica. Os seus sets percorreron toda a xeografía galega tamñen pasando por cidades como Madrid o Oaxaca (Mexico). Sala Karma, Zoo Club, Carabas, Sala Mystik, Piramide, Beat House Club, Le Club o Etnias, son soamente algunhas das salas e clubes no que ten pinchado. Ademais, da pinchada tamén será o encargado de levar a cabo a Master Class que se realizará de 20,30 a 21,30 h dentro do programa de actividades.

Ademais, de música o cartel tamén conta con outras actividades como por exemplo:

A creación dun mural artístico no que se poderán participar libremente e que estará guiado pola artista e ilustradora Abi Castelo cunha ampla traxectoria creativa participando en diferentes proxectos.

Outra das propostas será a actividade de Danza contemporánea con Tania Velo titulada en Danza Contemporánea polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, traballou como bailarina na ópera Macbeth do Teatro Real de Madrid ou na película “Os dous lados da cama” e en Spain Mura en Xapón. Nesta ocasión Tania Velo impartirá unha clase de danza contemporánea na que traballará a través de partes coreografiadas, axudándo ás persoas a atopar o seu propio movemento natural.

A participación nas actividades é de balde e sen previa inscrición. As prazas nos obradoiros será limitada e cubriranse por orde de chegada. Consultade horarios das actividades no cartel.


 


Publicado en Mocidade
Visto 3058 veces