O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo e pintura. etc.. Este ano a programación anual conta con dúas novas actividades: a de circo que será unha actividade enfocada a achegar á mocidade novas actividades de expresión e creativas poder aprender diferentes técnicas circenses coñecendo diferentes disciplinas como equilibrios, malabares, espectáculos aéreos, clown, maxia, etc. Esta actividade irá dirixida a público xuvenil a partir de 10 anos e ofertanse dúas posibilidades de horarios aínda que se realizará na que teña maior demanda. Serán estas:
- Opción 1: Mércores de 17.30 a 19.00 h
- Opción 2: xoves de 17.30 a 19.00 h
Outra novidade será a actividade de cociña "coas mans na masa e a ver que pasa" tamén dirixida a público xuvenil a partir de 10 anos coa que se pretende que compartan dun xeito ámeno, creativo e divertido os segredos da cociña, elaborando receitas variadas de aperitivos, pratos e sobremesas, sempre coa responsabilidade de incidir sobre todo na seguridade, limpeza e na adquisición de hábitos saudables a través da alimentación e da cociña. Aprender a elaborar pratos rápidos pero saudables e ricos. A comida rápida non ten porque ser comida “basura” por iso aprenderán a cociñar receitas de supervivencia pero ricas, saudables e nutritivas co fin de aprender hábitos saudables, protocolos e normas de hixiene, así como, saber usar utensilios e ferramentas, combinar ingredientes, utilizar produtos de tempada e da nosa horta, etc.
Nesta actividade tamén ofertamos dúas posibilidades: (realizarase no de maior demanda)
- Opción 1: sábados de 11.30 a 13.30 h
- Opción 2: sábados de 17.30 a 19.30 h
Ademais, continuamos ofertando as actividades que xa están funcionando anualmente. Si estades interesados/as podedes obter máis información descargando o díptico ou tamén na web www.gabinetesoutomaior.com na que tamén poderedes realizar a inscrición en liña:
As inscricións estarán abertas ata o 26 de setembro en dous formatos: en liña ou na OMIX que estará aberta a partir do 7 de setembro. Reserva xa a túa praza!