Martes, 18 Decembro 2018 19:47

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

Inicio do programa xuvenil TI DECIDES"

O Concello de Soutomaior pon en marcha  o programa TI DECIDES! que se desenvolverá ó longo de todo o curso no CEIP Padin Truteiro, no colexio Santiago Apostol e  IES de Soutomaior. Trátase dun programa xuvenil de intervención  socioeducativa que se desenvolve nos centros educativos coa súa colaboración co fin de promover entre a mocidade conductas máis saudables e respetuosas. O programa ten un carácter preventivo e cada ano ofértanse aos centros diferentes obradoiros nos que se tocan temáticas moi variadas: educación afectivo - sexual,  adiccións, consumos de sustancias nocivas para a saúde, ciberseguridade e cidadanía dixital, conflicto e mediación xuvenil, etc. Cada obradoiro está deseñado en función das idades das persoas que participan co cal a programación das sesións realízase contando coa colaboración dos departamentos responsables en cada centro para que os obradoiros se adapten ás necesidades do alumnado no momento no que se imparten. Este programa xa conta con moitas edicicións polo que todo o alumnado acaba participando en  cada temática xa que se van rotando de ano en ano.

Este ano ademais, introducimos un tema novo que é a Educación en Valores asistidos por cans de terapia en entornos educativos. Traballaremos nestas sesións valores como  a solidaridade, o traballo en equipos, o respeto  co fin de reforzar a idea de que  as diferenzas son as que nos fan únicas e especiais como un valor positivo para a integración e a tolerancia. O alumnado participará nunha xincana na que terán como aliados a UMA, TRUFA, GOOFY e ECO que son os cans e cadelas que lles amosarán ao nenos e nenas como se poden facer as cousas dun xeito diferente. 

O programa vai dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e a alumnado de secundaria e bacharelato.

A primeira sesión comezou este martes 18 de decembro no IES de Soutomaior coas sesións de sexualidade impartidas para  3º da ESO  por AMAINA e este mércores terán a sesión  de educación en valores o alumnado de 1º da ESO impartidas por YRACAN, tamén no IES de Soutomaior

Desde o Concello queremos agradecer a colaboración de todos os centros educativos do municipio porque fan posible que se poida encaixar e integrar este programa dentro da labor docente  e da  programación de actividades de cada centro.

 

 

 


Publicado en Xuventude
Visto 1116 veces


Concellería de Xuventude

Risoterapia para familias!

12-11-2019 Xuventude

Dentro do Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior convoca un curso de RISOTERAPIA dirixido a persoas de todas as idades. Unha actividade para mellorar o...

XVIII Concurso Postais e Felicitacións de Nadal 2019

04-11-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior promove a XVIII Edición do Conncurso de Postais e Felicitacións de Nadal co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O...

Aviso de cancelación do programa de actividades Samaín 2019

30-10-2019 / Xuventude

 O Concello de Soutomaior comunica  a CANCELACIÓN DA FESTA DE SAMAÍN prevista para os días xoves 31 e sábado 2 de novembro, por causas metereolóxicas que impiden a realización das actividades previstas. Desculpen as molestias.

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao desenvolvemento e evolución destas modalidades deportivas urbanas no Concello de Soutomaior e ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade ofertando propostas variadas que se adapten a todos os intereses da...

Obradoiro: Xogos con risas aseguradas. Programa Tecendo Lazos

07-10-2019 / Xuventude

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o Concello de Soutomaior. O O obradoiro comezará o 9 de novembro e rematará o 21 de decembro de 2019. Poderán participar persoas a partir dos 6 ata os 99 anos. Trátase...

Samaín 2019

07-10-2019 / Xuventude

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a pasalo de medo cun programa chego de actividades divertidas nas que poden participar persoas de todas as idades. Comezamos o xoves 31 de outubro coa actividade de Orientación Especial Samaín na...