fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 20 Decembro 2018 09:43

Terapia con cans no instituto

Terapia con cans no instituto

O instituto do Concello de Soutomaior acolleu onte unha demostración de terapias con cans a cargo dun centro especializado en intervencións asistidas con animais, unha iniciativa na que os estudantes puideron tomar contacto coas múltiples posibilidades que ofrecen os cans para mellorar a autoestima, potenciar a empatía e tolerar a frustración, entre outras.

Os alumn@s do novo instituto recibiron onte unha visita especial ás súas aulas. Catro cans das razas golden e labrador especializados na atención a distintas terapias. A iniciativa parte do Concello de Soutomaior, que acaba de iniciar esta actividade dentro do seu programa xuvenil de intervención social nos centros educativos. A proposta busca mediante a axuda dos animais incidir na aceptación das diferenzas, a mellora da autoestima, potenciar a empatía, reconducir condutas adecuadas e tolerar a frustración.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou o desenvolvemento da primeira xornada desta iniciativa que cualificou como moi nova e práctica


Publicado en Mocidade
Visto 1916 veces