Martes, 15 Xaneiro 2019 20:46

Novas actividades de formación para a xuventude!

Novas actividades de formación para a xuventude!

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do primeiro trimestre do ano.  Comezamos con novas actividades formativas que teñen unha alta demanda entre o colectivo xuvenil como son o curso de carretas elevadoras que durará 16 h das cales  seis horas serán prácticas nunha empresa para que a mocidade poida ter unha toma de contacto con estes vehículos e aprender a usalas con seguridade. Convocamos tamén un curso oficial de monitores e monitoras de tempo libre que de impartirá durante os fins de semana para que se poidan ccombinar estudios, traballo e formación co fin de flexibilizar e que a mocidade poida seguir formándose a través dunha proposta formativa non formal que complemente a súa experiencia laboral e tamén que os achegue a novos recursos para o emprego.  Ademais, tamén ofertamos un curso de preparación para participar nas probas libres da ESO que convoca a Xunta de Galicia dirixido a aquelas persoas que non puideron rematar os seus estudos básicos e así poidan seguir formándose e adquirir esta titulación tan importante para acceder ao mercado laboral e á formación. Xunta a estes tamén contamos cun curso de manipulación de alimentos.

Por outra banda, en febreiro continuamos coas clases da Escola Municipal de Cociña cuxo proxecto será máis participativo onde mozos e mozas proporán novos menús da man de novo profesorado e e nun novo lugar onde se impartirán as clases.

E, tamén avanzamos a proposta de Entroido coa apertura do prazo de inscrición para participar na Comparsa municipal de Entroido.

As inscricións nas actividades realizaranse en liña a través da web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Calquera dúbida ou aclaración consultade coa OMIX 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude
Visto 1517 veces

Xuventude

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Xuventude

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Xuventude

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Xuventude

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Xuventude

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro (Xuventude)

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Xuventude

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...

Momentos inesquecibles no festival Xente Miúda

14-09-2022 / Xuventude

Menuda fin de semana pasamos co festival Xente Miúda! Durante dous días o Multiúsos tivo animación case constante con obradoiros, espectáculos, música e baile para todos. O festival Xente Miúda foi un...

O novo skatepark,que se construirá ao lado do Paseo da Diversidade, está cada vez máis preto

01-08-2022 / Xuventude

O alcalde e a concelleira de xuventude reuníronse a semana pasada con GUrban, a empresa responsable da construción do novo Skatepark, así como co deseñador do proxecto, un profesional cunha...