fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 12 Novembro 2015 20:02

XIV Concurso de Postais de Nadal

XIV Concurso de Postais de Nadal

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior convoca un ano máis o Concurso de Postais de Nadal. O prazo de presentación de postais pecharase o xoves 10 de decembro de 2015 ás 20,30 h.

O concurso ten como obxectivo apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e implusar as súas inquedanzas aproveitando a temática do Nadal. Preténdese tamén fomentar a creación e a creatividade para promover o desenvolvemento da capacidade artistica en todas as idades polo que poderán participar persoas desde os 2 anos en diante.

Hai dúas modalidades de participación: a simple e a voluminosa ou tridimensional. Na modalidade simple hai cinco categorías e na modalidade voluminosa hai catro. Debido ao éxito de participación de anos anteriores na categoría voluminosa este ano amplíanse as categorías e tamén os premios nesta categoría.

A maiores dos premios de cada categoría todas as persoas que participen recibirán un agasallo polo súa participación e colaboración, polo esforzo realizado e tamén por facer que este concurso siga un ano máis sendo un encontro de creadores/as.

As persoas interesadas en participar neste concurso poden consultar as bases na web www.soutomaior.com Nas bases específicanse todas as cuestións concretas en relación á presentación das postais.

A entrega de premios realizase o sábado 19 de decembro ás 19 h no Multiusos, Arcade mediante un acto de entrega no que participará o Alcalde ,Agustin Reguera,  e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo. O acto pecharase cunha animación a cargo do dúo Falabaratas dirixida a todos os públicos.

O CONCELLO


Publicado en Mocidade
Visto 3997 veces