fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 07 Xuño 2019 12:16

Os/as nosos/as artistas. Exposición da Escola Municipal de Debuxo e Pintura

Os/as nosos/as artistas. Exposición da Escola Municipal de Debuxo e Pintura

O Concello de Soutomaior rematou as clases da Escola Municipal de Debuxo e Pintura deste cursos 2018/2019 agora no mes de maio. O programa do curso foi moi variado e o alumnado traballou con diferentes técnicas, materiais e recursos co fin de experimentar novos espazos artísticos a través da reflexión persoal e grupal. Foron moitos os traballos realizados ao longo do curso. A escola actualmente conta con tres grupos organizados en función de idades e nivel de coñecementos: grupo espertando a creatividade onde traballan a través do lúdico, os sentidos e a experimentación co fin de buscar os seus intereses e pontenciar a creatividade; o grupo infantil e o grupo xuvenil cun programa máis avanzado no que o alumnado explora e coñece novas correntes artísticas e obras moi variadas para fomentar o interese pola cultura e a expresión a través da arte; e o grupo de persoas adultas, curso enfoque é máis libre onde cada alumno/a traballa sobre o seu propio proxecto artístico desde os niveis máis básicos ata os niveis máis avanzados.

Para achegarnos a todo este traballo o alumnado, presenta parte das súas pezas na exposición OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS que se poderá visitar desde o 24 de xuño ata o 12 de xullo en horario de 9 a 14h na sala de exposicións do Multiusos, Arcade.

Agardamos que poidas achegarvos para coñecer un pouco máis sobre este proxecto colectivo impulsado pola Concellería de Xuventude co obxectivo de fomentar a participación xuvenil a través da creación artística e a cultura. Desde o Concello queremos agradecer tamén ao profesorado deste curso o traballo realizado (Conchi Peleteiro,Fabián Piñeiro e Belén Veleiro ), pola súa implicación no proxecto e pola súa profesionalidade.


Visto 1446 veces