fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 26 Novembro 2015 17:52

Remata o curso de monitor-a acompañante de comedor escolar

Remata o curso de monitor-a acompañante de comedor escolar

Este mércores tivo lugar a derradeira clase do curso de Monitor/a de comedor escolar. Este curso enmárcase dentro do programa de formación ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra. O curso tivo unha duración de 40 h durante as cales se tocaron temas relacionados co traballo que realizan estes monitores/as nos comedores escolares. Esta é unha profesión moi demandada a través da cal moitos mozas e mozas poden achegarse ao seu primeiro emprego.

A Concelleira de Xuventude, Noelia  Ocampo fai un balance moi positivo desta acción formativa que serviu para que 26 persoas se formaran para ocupación profesional conseguindo así ter máis opcións nun mercado laboral cada vez máis competitivo. 

 


Publicado en Mocidade
Visto 3296 veces