fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 07 Outubro 2019 10:07

Samaín 2019

Samaín 2019

Chega o outono en con él a celebración do Samaín unha festividade que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno. E este ano imos a pasalo de medo cun programa chego de actividades divertidas nas que poden participar persoas de todas as idades.

Comezamos o xoves 31 de outubro coa actividade de Orientación Especial Samaín na que coñeceremos as maldades da deusa Morrigan que nos fará pasar momentos divertidos pero tamén de medo. Será necesaria a colaboración de todos e de todas para liberarse desta deusa e non converterse en morto/a vivente. Para iso, haberá que superar moitas probas deseñadas por Toxo Aventura onde o enxeño, o  traballo en equipo, a memoria e as nosas habilidades serannos de gran axuda. Esta actividade vai dirixida a todos os públicos e particípase en equipos de mínimo 4 e máximo 12 persoas. É obrigatorio inscribirse a través da web https://gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina dende o 10 ata o 28 de outubro. As inscricións son individuais e cando a cumprimentes terás que indicar o nome do equipo no que participas ao inicio da ficha.

O sábado 2 de novembro terá lugar a tradicional celebración na que haberá moitos xogos, unha casa do terror, castañas, espectáculos nos que se afondará na historia do Samaín dun xeito moi divertido e para rematar o pasarrúas co espectáculo de Troula "Draco" que percorrerá as rúas e logo pechará os festexos en Talo Río. Para esta xornada non haberá que inscribirse pero lembra que no casa do terror haberá que coller no mesmo día un pouco antes do inicio, turno para entrar.

Completando esta programación, o sábado 2 tamén contaremos coa participación do alumnado de 4º da ESO do IES Soutomaior que por segundo ano consecutivo montará o seu Mercado de Segunda Man Pro - Excursión fin de curso na Alameda de Talo Río. Integrándose na programación para animar e celebrar con todos e todas nós o fin de verán e a entrada no inverno.

 


Publicado en Mocidade
Visto 1507 veces