fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 04 Novembro 2019 10:06

XVIII Concurso Postais e Felicitacións de Nadal 2019

XVIII Concurso Postais e Felicitacións de Nadal 2019

O Concello de Soutomaior promove a XVIII Edición do Conncurso de Postais e Felicitacións de Nadal co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O LUNS 16 DE DECEMBRO ÁS 13.00 HORAS na OMIX. 

  • A temática será o Nadal: felicitacións, imaxes propias destas festas, entrada no novo ano, mensaxes solidarias,... Interpretación libre, creativa e orixinal.
  • Si a postal ou felicitación ten texto ou audio, deberá seren galego.
  • Idades a partir de 2 anos.
  • Cada persoa presentará unha única postal ou felicitación, que deberá ser inédita e non estar suxeita a dereitos de autoría.
  • A técnica será libre pero deberá encaixar nalgunha das modalidades propostas.

 

Estableceranse estas MODALIDADES PARA O FORMATO DE POSTAIS e varias categorías de idades:

 

POSTAIS- MODALIDADE SIMPLE (sen volume):

  • Categoría A: idades de 2 a 4 anos
  • Categoría B: idades de 5 a 8 anos
  • Categoría C: idades de 9 a 12 anos
  • Categoría D: idades de 13 a 17 anos
  • Categoría E: a partir de 18 anos

*As postais simples que ó abrirse adquiran pouco volume considéranse MODALIDADE SIMPLE.

 

POSTAIS- MODALIDADE TRIDIMENSIONAL - VOLUMINOSA (con volume, altura, anchura e profundidade).

  • Categoría T1: 5 a 8 anos
  • Categoría T2: 9 a 12 anos
  • Categoría T3: 13 a 17 anos
  • Categoría T4: a partir de 18 anos

 

FORMATO FELICITACIÓN AUDIOVISUAL:

Participar no concurso enviando unha felicitación de Nadal ou de aninovo presentando un vídeo que pode conter: imaxes, son, textos, animacións, etc.

FELICITACIÓN AUDIOVISUAL - MODALIDADE ÚNICA

  • Categoría AUDIOVISUAL1: 9 a 12 anos
  • Categoría AUDIOVISUAL 2: 13 a 17 anos
  • Categoría AUDIOVISUAL 3: a partir de 18 anos

Requisitos DOS VÍDEOS

  • Duración máxima 3 minutos.
  • No caso de ter texto ou audio estará en lingua galega.
  • Os  contidos deben facer referencia á temática deste concurso “Felicitación de Nadal/Aninovo desde Soutomaior
  • Pode presentarse de xeito individual ou grupal

 

 

  • É IMPORTANTE consultar as bases para ter en conta os volumes e tamaños dos traballos que se presente. Nas bases ademais xa se indican todas as condicións de participación así como os premios.
  • Para calquera dúbida poden contactar coa OMIX, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en 986 700 822

Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

19-XVIII-Concurso-Postais-de-Nadal-(Bases).pdf (419 Descargas)
Visto 1287 veces