A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza unha QUEDADA! para despedir o ano 2015. Esta actividade que se levará a cabo na antiga escola de Alxán vai dirixida a público xuvenil a partir de 12 anos que queiran pasar unha tarde divertida e creativa.
Haberá obradoiros de cake pops, cócteles sen alcol e break dance. Os obradoiros comezarán ás 18,30 h e rematarán aproximadamente arredor das 20,00 h. A partir desta hora comezará a festa que se iniciará cunha actuación en directo dun grupo de rap local que se chama Cloverclap. Durante a festa contaremos cun DJ e con máis sorpresas! A festa rematará ás 21,30 h
Para poder participar nesta actividade é necesario acceder con entrada anticipada que se pode mercar desde xa, por 1€ na OMIX no Multiusos en Arcade.
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR