fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 16 Xaneiro 2020 21:23

Participa na comparsa municipal de Entroido!

Participa na comparsa municipal de Entroido!

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar na Comparsa Municipal de Entroido organizada pola Concellería de Xuventude. As inscricións estarán abertas ata o 6 Febreiro 2020

Nesta actividade particípase na creación da comparsa municipal para o desfile: confección de disfraces, coreografía – bailes - música e caracterización. A temática será moi divertiva, creativa e interactiva.

Desenvolvemento: o primeiro día exporase o tema deste ano para que cada participante partindo duns deseños previos poida escoller o seu disfraz e personaxe. O tema deste ano permitirá escoller entre varias personaxes. As monitoras encargaranse de realizar a parte máis técnica do disfraz para que sexa sinxela a actividade.

  • Lugar actividade: Multiusos, Arcade

  • Horarios:

  • Sábado 8 de febreiro 11,00 a 12,30 h
  • Sábado 15 de febreiro 11,00 a 12,30 h
  • Luns 24 de febreiro 11,00 a 12,30 h
  • Mércores 26 de febreiro 11,00 a 12,30 h
  • Sábado 29 de febreiro 11,00 a 12,30 h
  • Domingo 1 de marzo - 16.00 concentración dos compoñentes da comparsa no cruce do Viso na rúa Calvario, para o desfile por Arcade. A comparsa irá acompañada cunha animación de rúa. O desfile chegará a Talo Río arredor das 18 h.
  • Destinatarios: Todas as idades e + máis anos (menores de 5 anos acompañados/as)

  • Prazas: 40

As persoas interesadas poden anotarse EN LIÑA. Calquera dúbida ou aclaración chamar á OMIX. Tel 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Mocidade
Visto 979 veces