fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 17 Decembro 2015 16:42

Fetival Xuvenil da Solidariedade,2015

Este venres 18 de decembro ás 21 h terá lugar no Multiusos de Arcade o xa tradicional Festival da Solidariedade organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Participarán os grupos municipal de baile latino, bailes variados, danza do ventre, ponte en forma e a escola municipal de Teatro. Este festival nace no ano 2010 coa finalidade de ofrecer un espectáculo lúdico a modo de agasallo que se comparte pasando un bo momento entre amigos/as, veciños/as e familiares no que os/as participantes das actividades municipais  ofrezan o seu especial agasallo de Nadal ao público de Soutomaior que todos os anos é fiel a este evento. A edil de Xuventude Noelia Ocampo quere agradecer ao alumnado das diferentes actividades que participan no festival a súa colaboración  porque sen eles/as non sería posible esta actuación que sempre ilusiona e sorprende a todos/as os/as espectadores/as. E, por suposto tamén agradecer a colaboración doutras entidades que tamén actúan no festival, como son a asociación Sociocultural Miúdos e o Ximnasio Clube de Arcade.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Mocidade
Visto 3542 veces