A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na Comparsa municipal de Entroido e anima a todos os veciños e veciñas a participar nesa actividade. Os obxectivos da actividade son os de crear unha comparsa "veciñal/ municipal" que desfile o sábado 13 de febreiro polas rúas de Arcade. Durante este obradoiro aprenderase a confeccionar unha comparsa desde o inicio: confeccionando disfraces, preparando a coreografía, caracterizándose acorde o disfraz seleccionado, etc. Animámosvos a disfrutar do entroido participando nesta actividade que de seguro vos vai a facer pasar un bo rato e disfrutar do Entroido un pouco máis.
As persoas que estedes interesadas podedes informarvos e inscribirvos previamente na OMIX, 986700822. O prazo de inscrición pecharase o 29 de xaneiro de 2016
O CONCELLO