fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 19 Agosto 2020 13:36

Actividades de Xuventude para o 4º trimestre. Prazo aberto desde 1/09/2020

Actividades de Xuventude para o 4º trimestre. Prazo aberto desde 1/09/2020

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición en liña das Escolas de Teatro, Debuxo e Pintura, Guitarra española, Latinos, Danza do Ventre e Danzas Urbanas HIP HOP. Este ano tamén se convoca a actividade de inglés para idades a partir dos 13 anos. Os grupos serán moi reducidos porque as clases serán moi prácticas e interactivas para mellorar e coller soltura nesta lingua.

Ademais, destas actividades haberá tamén durante o último trimestre do ano unha programacións de cursos de formación para maiores de 16 anos como son o de escaparatismo, de ferramentas informáticas, como crear unha canle de Youtube, carretas elevadoras e marca persoal. Algúns destes cursos serán presencias e outros en liña. Para obter máis información destas actividades de Xuventude e Educación podedes decargar o folleto no que se especifan horarios, contidos etc. de cada unha delas.

As isncricións realizanrase en liña a partir do día 1 de setembro que será cando estén os formularios abertos ó público. As prazas son limitadas. Tomaranse todas as medidas establecidas segundo os protocolos vixentes derivados da COVID-19.

Calquera dúbida sobre estas actividades poderedes resolvela na OMIXn tel. 986700822 - 638822868


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2020-4-Trimestre-BIX-Xuventude_Folleto.pdf (201 Descargas)
Visto 663 veces