fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 17 Decembro 2020 19:35

Votación popular das postais e felicitacións presentadas no Concurso deste ano 2020

Votación popular das postais e felicitacións presentadas no Concurso deste ano 2020

Un ano máis o Concello de Soutomaior convoca o xa tradicional Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal que nesta edición dadas as circunstancias nas que nos atopamos pola pandemia da COVID-19 tivo que reformularse e pasarse á modalidade en liña. Non por isto, a xente se desanimou pois este ano contamos cunha alta participación pois presentáronse 190 persoas en total. Ademais, dos premios que outorgará o xurado deste concurso que se reunirá este venres 18 de decembro para deliberar e acordar cales serán as premiadas este ano contémplase un premio que será outurgado polo público. De ai que a postal máis votada na modalidade simple, a máis votada na modalidade, tridimensional e a máis votada na modalidade audiovisual recibirán cadansúa un premio especial. Poderes participar na votación ata o domingo 20 de decembro ás 23 h na web: 

https://gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/concurso-postais-de-nadal-2020

Desde o Concello de Soutomaior desexámosvos moita sorte a todas as persoas que un ano máis vos animástedes a presentarvos a este Concurso e tamén a todas as que esta é a vosa primeira vez!!!

 
 Moitas grazas a todos e a todas por manter a vosa ilusión e creatividade!!! Grazas a todas as persoas que participates e tamén, a todos os centros educativos e a todos os/as membros do xurado que cada ano colaborades con este Concurso para facelo posible.

Publicado en Mocidade
Visto 521 veces