fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 14 Xaneiro 2021 18:25

Inicio de novas actividades!

Inicio de novas actividades!

As Concellerías de Xuventude e de Educación do Concello de Soutomaior avanzan as primeiras actividades do ano. Actividades que se adaptan ás novas circunstancias que vivimos en cumprimento das novas restriccións e que se realizarán na modalidade virtual!. Dun xeito seguro e seguindo unha metodoloxía moi interactiva e participativa. A conexión á aula será moi sinxela e poderase participar desde un móbil ou ordenador con conexión a internet, con audio e con cámara.
 
As actividades ofertadas que se iniciarán en febreiro son:
 
- Curso preparatorio para as probas libres da ESO para maiores de 18 anos que se realizará en sesións virtuais os martes e xoves de 18.30 a 20.30 h desdeo 2 de febreiro ata o 27 de maio.
 
- English activities, formación en inglés para todas as idades mediante clases moi interactivas e prácticas. Desde febreiro ata amaio de 2021. Formaremos grupos por idades.
 
 
As actividades serán de balde mentras que as actividades se realicen na modalidade en liña - virtual. Cando se poidan comezan na modalidade presencial entón iniciarase o pago de cotas e, neste caso, aplicarase a parte proporcional ao que reste de curso e comunicarase ao alumnado previamente. Mentras tanto a actividade iniciarase sen ter que abonar cotas. 
 
As prazas son limitadas! Se tes dúbidas ponte en contacto coa OMIX.

Publicado en Mocidade
Visto 514 veces