fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Febreiro 2021 21:10

ConfiEntroido: un entroido de andar pola casa!

ConfiEntroido: un entroido de andar pola casa!

Desde o Concello de Soutomaior comunicamos que este ano non poderemos festexar a festa de entroido como desexaríamos porque as circunstancias non o permiten xa que a COVID-19 impide que poidamos compartir esta festa tan interactiva e de festexos na rúa. Para que poidamos manter o ánimo e a ilusión aínda que sexa por un intre convidámosvos a que vos animedes a participar no “ CONFIENTROIDO: un entroido de andar pola casa”.

No que haberá obradoiros virtuais de complementos e disfraces e tamén de cociña de entroido para que os máis larpeiros e larpeiras poidan disfrutar das sobremesas máis tradicionais e saborosas. Haberá que isncribirse previamente na web ata o mércores 10 de febreiro.

A maiores poderedes inscribirnos e participar no Concurso que ten dúas modalidades unha de PHOTOCALL e outra de MURGAS  na que se pode participar individualmente, por unidades de convivencia ou tamén a través dos centros educativos. Hai tamén unha categoría para disfrazar escaparates  dirixida a comercios e establecementos do municipio. Neste concurso os traballos premiados serán seleccionados por votación popular a través da web desde o mércores 17 ás 14 h ata o domingo 21 ás 23 h. 

A inscrición PREVIA en calquera das modalidade remata o mércores 17 de febreiro. Máis información e inscricións na web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido

 

BASES:

https://docs.google.com/document/d/1VzbhNb4qY4B2fDzdJbT5_YaEIx_kI64npgkFbXTsbso/edit?usp=sharing


Publicado en Mocidade
Visto 1080 veces