fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 22 Marzo 2021 13:01

Inicio as accións "Sinerxias educativas" nos centros escolares.

Inicio as accións "Sinerxias educativas" nos centros escolares.

Este luns comezamos coas actividades formativas englobadas no programa de accións "Sinerxias Educativas" promovidas pola Concellería de Educación e a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior.   As accións impulsadas en colaboración estreita cos centros educativos do municipio e pretenden achegar á mocidade recursos en relación a diferentes áreas e contidos co fin de proporcionar ferramentas que apoien, por unha banda, a labor educativa dos centros e, por outra, o desenvolvemento integral das persoas fundamentalmente no tocante aos temas de maior interesa para cada etapa educativa. Son accións que mesturan metodoloxías convencionais e outras máis disruptivas cuxa labor é a prevención no eido, por exemplo: de hábitos e conductas de risco, nas adiccións, no desenvolvemento emocional e nas habilidades sociais básicas, na educación en valores e na xestión de conflitos, na conformación da cidadanía e identidade dixital, nas relacións  afectivo sexuais, etc. Tamén son accións enfocadas á toma de decisións poñendo en valor a información e a selección como elementos referentes á hora de abordar calquera proceso que implique ter que optar e polo tanto asumir as consecuencias do que decidimos.

Por outra banda, tamén se inclúen accións de sensibilización e educación medio ambiental na que a xuventude tome parte no proceso de protección e conservación dos recursos naturais do noso entorno implicándose en accións concretas que teñen unha repercusión que vai desde o local ao global e para isto propóñense accións de coñecemento dos nosos ríos e sensibilización sobre boas prácticas como o programa Efecto Dominó ou o programa de Brigadas Ecolóxicas Lixus marítimos que implicará ao alumnado no uso dos plásticos e as consecuencias que isto ten para o medio natural e océanos.

Ponse énfase tamén na capacidade creativa como motor para a aprendizaxe e catalizador da implicación e nese sentido está a proposta Somos artistas, mediante a cal o alumnado de BAC participa nunha experiencia de co-creación colectiva na quw a partir de referentes da arte contemporáneos constrúen a súa propia proposta de intervención no seu centro.

Todas esas accións desenvolveranse ao longo dos meses de abril, maio e xuño no IES Soutomaior, no Colexio Santiago Apostol  ao longo das diferentes etapas e niveis desde a ESO ata o Bacharelato. Pero, tamén se inclúen accións nas etapas de infantildirixidas á Escola infantil de Romaríz e á Escola infantil Galiña Azul para traballar a educación en valores mediante a interacción de cans adestrados para introducir en aula dun xeito diferente a estimulación sensorial e a psicomotricidade, así como, o valor da responsabilidade e o respecto.

 

Hoxe o alumnado de 3º da ESO do Ies Soutomaior participou na primeira das accións "Sexualidade avanzada. Obradoiro de innovación" durante o cal traballaron moitos contidos relacionados coa identidade de xénero, os estereotipos, a tolerancia, a igualdade e o bo trato cara un mesmo/a e cara as demais persoas, etc. onde tiveron ocasión de clarificar conceptos e resolver dúbidas da man de persoas expertas na materia e así loitar contra os bulos e as malas praxis. Durante o orbradoiro tamén se lles presentaron unha batería de recursos onnde poden obter información dun xeito seguro e adaptado ás súas idades para que a información sexa adecuada e relevante sen estar condicionada por intereses nocivos para o seu benestar.

Desde o Concello queremos agraceder aos centros educativos a súa colaboración con estas accións e a súa boa disposición para que todas as actividades se realicen dun xeito seguro sendo conscientes do esforzo e traballo que implica encaixar todas estas accións no calendario educativo.


Publicado en Mocidade
Visto 595 veces